28/05/19

ROBÓTICA E MATEMÁTICAS

Este curso o proxecto da Biblioteca centrouse nas Matemáticas. Daquela, aproveitando os robots e xogos feitos polo alumnado de 6º, xogamos facendo unha simbiose de robótica e matemáticas.

Tamén, preparáronse outros taboleiros para iniciar a novos alumnos e alumnas no uso dos robots Mbot.

Orientación espacial "Na cidade"


Para xadrez, monopoli ou bingo.



Buscade o voso nome...


Xa que andabamos coas novas tecnoloxías, a Realidade Aumentada tamén estivo presente. Léronse contos con esta app en Infantil...e gustou moito.





Ningún comentario:

Publicar un comentario