28/05/19

ROBÓTICA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Que agradable sorpresa cando viron entrando pola aula uns bichiños....robots, blue-boot e bee-boot.

Xa se nos ocorreu un montón de ideas para levara a cabo...




 













ROBÓTICA E MATEMÁTICAS

Este curso o proxecto da Biblioteca centrouse nas Matemáticas. Daquela, aproveitando os robots e xogos feitos polo alumnado de 6º, xogamos facendo unha simbiose de robótica e matemáticas.

Tamén, preparáronse outros taboleiros para iniciar a novos alumnos e alumnas no uso dos robots Mbot.

Orientación espacial "Na cidade"


Para xadrez, monopoli ou bingo.



Buscade o voso nome...


Xa que andabamos coas novas tecnoloxías, a Realidade Aumentada tamén estivo presente. Léronse contos con esta app en Infantil...e gustou moito.





04/06/18

PRACTICANDO E APRENDENDO


Que se escapa...



Probando, probando. A miña dereita non é a túa...

Xogos ortográficos. Mboot xa sabe case tanto coma nós.
  • Atopar a palabra que continúa no xogo de dominó ortográfico.
  • Onde pare disme unha palabra que cumpra a seguinte regra ortográfica.








Segue liñas de "Juegos Robótica"...ata un labirinto se podería facer.





Reto maior: orientación nunha cidade.

  • Participamos nun proxecto de creación de cidades ecolóxocas.
  • Con esta maqueta elaboramos un croquis que despois serviría para guiar ao robot ata onde nos propoñan.



PROGRAMANDO CON MBLOCK

Non foron fáciles os inicios pero conseguiron comprender, seguindo a liña de SCRACHT, como programar o robot para poñer a funcionar algúns dispositivos.



Axudounos moito visitar de vez en cando a páxina "Juegos Robótica", onde se propoñen retos e facilitan recursos e solucións a problemas e dúbidas.

Aquí atopamos liñas para retos de segue-liñas.


E propostas de retos que intentamos superar.



MBOOT - MAKEBLOCK

E cando por fin tivemos entre mans ós robots de verdade...alucinamos.

Coa tablet comenzaron a practicar distancias, velocidades, a orientación espacial...



Despois xa tiñan que superar algúns retos: chegar ata un determinado lugar, atopar o tesouro escondido, cumplir unha serie de instrucións no menor tempo posible.



EXPOSICIÓN DE ROBOTS

Para coñecer e aprender máis dos robots, crearon e construiron eles mesmos os seus propios robotiños.

Algúns non realizaban ningún movemento pero outros ata escribían...